Saltar ao contido principal

Publicacións

Noites de película

Seino, hai tempo que teño abandonado o blogue, a pesar de que me prometera a min mesma actualizalo cada certo tempo.  Tamén hai un tempo no que as cousas mudaron para min, así que decidín vivilas, polo que non tiven moito tempo para enredar coas palabras.  Sen máis, déixovos aquí un relatiño curto que escribín non hai moito e que espero que vos guste. Ah! Feliz ano 2018 a todxs! "Aínda que era bastante tarde, non fomos durmir, pois acordamos que romperíamos a nosa rutina. Que é a vida sen un pouco de emoción? Mentres el buscaba esa película que me gusta tanto, eu sacara as cervexas da neveira e puxera os flocos de millo a quentar.  Cando xa se notaba o cheiro destas no aire, miroume de esguello e sorriu. Eu decateime e púxenme vermella porque sabía perfectamente no que estaba a pensar. Sabía que lle encantaba verme vestida só coa camiseta e cunhas bragas, e sabía a clase de pensamentos porcos que lle pasaban pola mente. Tratando de conternos un pouco comezamos a
Publicacións recentes

A túa risa.

4:16 da maña, non podo durmir, así que o mellor será escribir... Gustábame baixar ao parque nos días de sol cando estabas ti. Gustábame ver como entrecerrabas os ollos co reflexo da luz e ver como deixabas caer a cabeza cara atrás para desfrutar da calor. Nestas ocasións non había mellor melodía que o canto dos paxaros, o vento entre as follas ou a túa risa. Deus! Namoreime tola e perdidamente da túa risa. Tiña un efecto estrano sobre min,  pois sempre me saía un sorriso parvo de medio lado que che indicaba que estaba a gusto contigo. Foto dunha rosa sacada nun parque de Braga, Portugal.

Que tontos...

Non hai moito perdín unha persoa importante para min, unha persoa chea de vitalidade, alegría e bondade, e a súa perda fíxome pensar no pouco que desfrutamos da vida, dos momentos e tamén da xente que nos rodea.  Asique un día saquei o lapis e comezei a escribir pensando nesa persoa que sempre terei no meu recordo... E que tontos somos cando para darnos conta do que temos, temos que ver como alguén o perde. Cando vemos que alguén sofre, pensamos en nós, nos nosos, e no pouco que disfrutamos da vida. Que valiosos son os nosos segundos e minutos, e que pouco reparamos neles por todos os problemas ou retos que se nos presentan día tras día. Que tontos somos por non deixar eses problemas de lado e prestarlle atención ao que realmente importa. Como cando a casa ule a café porque está a familia reunida, as apertas da avoa, o bico de despedida de papá todas as mañáns mentres durmo (ou iso é o que el pensa), os whatsapp de mamá para saber se cheguei ben e os seus tuppers con co

DE ROSALÍA A BENEDETTI

Como ben dixen na entrada anterior, comecei a escribrir porque un día me aburría. Logo dun tempo vin nas redes sociais que se abría un concurso para persoas que comezaban a escribir e que quería namorar en galego. Decidín probar sorte e enviei este pequeno relato: "Ti lías a Rosalía, eu lía a Benedetti. Ti bebías Pepsi, eu bebía Estrela. Ti eres un anxo e eu son o demo. Mais se algo sei de ti e de min é que a pesar de sermos tan diferentes complementámonos como a lúa e o sol, o coñac e o anís doce , e como a luz e as gotas do orballo para facer miles de arcos da vella" Para a miña sorpresa quedei segunda na categoría de adultos, e quen non se anima a seguir escribindo se de primeiras gañas un premio?  Aquí vos deixo unha foto miña recollendo o premio que entregou o secretario xeral de Política Lingüística de Galicia. Agora, antes de ir durmir (que é cando a miña mente non para de dar voltas)procuro escribir todos os soños, pensamentos ou experien

Benvidxs ao mundo das miñas letras

Boas, blogueirxs!  Preséntome, chámome Fani, agora mesmo teño 23 anos, estudo Maxisterio de Educación Infantil en Santiago de Compostela (Galicia) e hai pouco descubrín que me gusta escribir.  Esta son eu A min sempre me gustou ler, mais nunca crín que fora capaz de plasmar nun papel, ou nunha pantalla, aquilo que me pasara pola cabeza. Comecei por puro aborrecemento pero, non hai moito gañei un premio cun pequeno relato, e iso animoume a seguir escribindo.  Así que a partires de agora, penso ir subindo aquí todo o que se me pase pola cachola. Espero que vos guste a todxs e espero que me leades, pouco a pouco irei mellorando! Moitas gracias! ❤